martes, 24 de outubro de 2017

OUFF Escola: Festival Internacional de cine de Ourense

A curta Árbores no camiño ( feita polo alumnado de Educación Infantil no curso 2015/2016) e realizada ao abeiro do programa de Dinamización Linguistica  Nós tamén creamos foi presentada ao OUFF Escola do Festival Internacional de Cine de Ourense e resultou premiada como o mellor guión das 74 presentadas ao certame.

Deixamosvos a curta premiada e algunhas das fotos do evento no Auditorio Municipal de Ourense








Saímos no telexornal mediodia da Crtvg a partires do 1:14:40 Premer na foto para accder a nova



Video do momento da entrega do premio:


1 comentario: